As voces da auga
por Gracián, Anxela [autor/a]
; Pereiro, Aynara [ilustrador/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Sala préstamo | 869.9 GRA voc | Dispoñible | *****XUVENIL***** | PED093000013709 |
|
Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018
Recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos
Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.
1º-2º ESO