Camiños na auga / Manuel Núñez Singala
by
Núñez Singala, Manuel Carlos [Author]
.
Type: 




Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Sala préstamo | 869.9-3 NUÑ cam | 1 | Available | PED093000013447 |
|
||
Prestable | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Sala préstamo | 869.9-3 NUÑ cam | 1 | Available | PED093000094328 |
|
||
Prestable | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Sala préstamo | 869.9-3 NUÑ cam | 1 | Available | PED093000094329 |
|
||
Prestable | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Sala préstamo | 869.9-3 NUÑ cam | 1 | Available | PED093000094330 |
|
||
Prestable | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Sala préstamo | 869.9-3 NUÑ cam | 1 | Available | PED093000094331 |
|
¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da diferenza contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo, Szymo, cuxa identidade contradí as súas características físicas. Dese xeito, a literatura acaba por ser reforzo nada banal dunha das cuestións centrais da posmodernidade, a da produción de subxectividade como estratexia de reformulación da sociedade civil. De aí a pertinencia narrativa de situar esa reformulación nun contexto poscolonial, contexto no que claramente se está a resolver un conflito identitario semellante ao do suxeito posmoderno mais no nivel da organización política, é dicir, no nivel das nacións como discurso da diferenza.
1º-2º BAC
3º-4º ESO